Inicio Espazos naturais
mércores, 21 setembro 2011
Casa do Concello
Benvida do Alcalde
Grupos municipais
Corporación municipal
Presupostos
Empleo
Perfil del contratante
Negueira
Localización
Parroquias
Historia e arte
Espazos naturais
Fototeca
Personaxes
Demografía
Etnografía
Socioeconomía
Asociacións
Teléfonos de interese
Calendario laboral
Turismo
Interese Turístico
Gastronomía
Onde comer
Onde aloxarse
Feiras e festas
Encuestas
¿É sinxela a navegación polo portal web do Concello de Negueira?
 
ESPAZOS NATURAIS PDF Imprimir

O municipio de Negueira de Muñiz está situado no extremo oriental da provincia de Lugo, enquistado xa nas terras do Principado negueira10.jpgde Asturias. Dende o punto de vista físico, Negueira de Muñiz é un municipio moi accidentado, con relevos antigos formados
fundamentalmente por xistos e lousas, sobre os que actuou a oroxenia alpina e posteriormente a erosión, o que deu lugar a unha topografía crebada, onde os vales e as chairas son moi escasos e onde dominan as altas montañas, con cumios que sobrepasan os 1.000 metros de altitude: Chaos, Moural, Serra de Cuías e Monte Busbeirón, entre outros. A rede fluvial está canalizada polo río Navia, que pasa moi encaixado ao longo do seu percorrido, agás na parte central, na que abre e dá lugar a un pequeno val no que se asenta a capital municipal.

Dende o punto de vista climático, o afastamento da costa e a súa elevada altitude media dan lugar a un clima extremo, con invernos moi fríos e choivas frecuentes, en moitas ocasións en forma de neve. Non obstante, a distribución do relevo condiciona o xurdimento de microclimas como o que goza a capital municipal, de invernos máis suaves e veráns calorosos.

Edafoloxicamente estamos nun concello con solos poucos profundos, o cal determina a escasa vexetación arbórea coa que conta, a excepción dos vales e das ladeiras montañosas resgardadas dos intensos fríos invernais: así pois, as especies predominantes son os castiñeiros, os bidueiros e, en menor medida, carballos e nogueiras. No resto do termo municipal abundan as zonas repoboadas, na súa maioria piñeiros. Á parte da superficie arbórea, Negueira de Muñiz conta con considerables extensións de monte aberto e matogueira.

 
© Concello de Negueira