Resintonice o seu televisor Imprimir
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Jueves, 28 de Noviembre de 2019 12:54

 

Durante o mes de novembro de 2019, estanse a realizar actuacións nos centros emisores de televisión da zona con motivo da liberación do Segundo Dividendo Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor para seguir desfrutando da súa programación preferida.

En Negueira, ditas actuacións realizaranse o próximo luns 2 de decembro. O proceso consiste no apagamento neste centro da frecuencia de emisión actual do múltiple MPE3, e o acendido na nova frecuencia asignada:

  • Canle 28 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, Telecinco HD, Cuatro HD

Para poder seguir desfrutando desta canle, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica - 881 866 388 - ou na web http://www.tdtgalicia.gal. A continuación, bastará con realizar unha busca da nova canle no receptor de TDT.

 

 

Para máis información chame á Oficina do Dividendo Dixital en Galicia: 881 866 388

 

 

Última actualización el Jueves, 28 de Noviembre de 2019 13:00