Presentación da novela "Fuxir de Proxeria" Imprimir
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 09 de Agosto de 2019 09:19

 

O vindeiro 14 de agosto, como acto inaugural das Festas patronais "Virxe da Veiga 2019", celebrarase no Local cultural municipal de Negueira de Muñiz (antigo concello/Colexio electoral), as 19:00 horas, a presentación da novela "Fuxir de Proxeria", que D. Manuel Blanco, reputado politólogo e periodista, ven de publicar con Edicións Fervenza.

O autor é coñecido pola súa colaboración con diversos medios de comunicación e polos seus numerosos libros e estudos sobre Demografía, nos que amosa a súa fonda preocupación pola deriva demográfica que está a sufrir o rural.

 

 

 

Última actualización el Viernes, 09 de Agosto de 2019 09:34