Lunes, 20 Noviembre 2017
Negueira de Muñiz en Imagenes
Brigada municipal de incendios PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 30 de Junio de 2017 12:11

Una vez realizadas y valoradas las pruebas de selección, se publica el listado de trabajadores seleccionados por orden de puntuación:

Peones de brigada:

33.557.716 A
34.286.152 Y
33.561.685 Q
34.288.312 G

Jefe de brigada: 53.521.318 L

El lunes 3 de julio, los candidatos seleccionados deberán presentarse en las dependencias municipales del Ayuntamiento de Negueira de Muñiz para ser informados sobre plazos de incorporación y requerimientos documentales necesarios.

 

Última actualización el Viernes, 30 de Junio de 2017 12:17
 
Admitidos Bolsa SAF PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Miércoles, 28 de Junio de 2017 09:25

Visto el expediente tramitado para la creación de una bolsa de empleo destinada a proveer de trabajadores interinos para la cobertura de las bajas laborales y períodos vacacionales de los empleados del SAF municipal, cuyas bases fueron aprobadas por Resolución de Alcaldía el 13 de junio de 2017, se aprueba el siguiente listado definitivo de admitidos:

Admitidos:

 

 

 

 

  • 33.852.433 K

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última actualización el Miércoles, 28 de Junio de 2017 09:30
 
Bolsa de empleo SAF PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Miércoles, 21 de Junio de 2017 07:19

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DESTINADA A CONTRATACIÓN DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO

 

1.– OBXECTO DA CONVOCATORIA.

 

O obxecto da convocatoria é a creación dunha bolsa de emprego destinada a prover de traballadores interinos para a cobertura das baixas laborais e períodos vacacionais dos empregados do SAF municipal. A duración dos contratos realizados ao abeiro desta bolsa abranguerá unicamente, por tanto, tales períodos

 

As tarefas propias da praza convocadas serán as que seguen:

 

  • coidado e atención das persoas segundo a lei 39/2006 do 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia (Ordenanda municipal de Axuda no fogar, BOP nº 141, de 21 de xuño de 2014).

 

2.– DURACIÓN DO CONTRATO.

 

A duración dos contratos realizados ao abeiro desta bolsa abranguerá, unicamente, os períodos de tempo nos que os traballadores do SAF municipal se atopen en situación de baixa laboral ou disfrutando dos seus períodos vacacionais. Serán contratos, por tanto, de interinidade.

 

3.– SISTEMA DE PROVISION.

 

Concurso de méritos.

 

4.– XORNADA LABORAL.

 

Segundo a xornada do traballador sustituido.

 

5.– RETRIBUCIÓNS.

 

As establecidas no Convenio Oficial que lle é de aplicación.

 

6.– REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

 

Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

 

a) Ser de nacionalidade española, nacional dun Estado membro da Unión Europea, cónxuge dun español ou dun nacional dun Estado membro de Unión Europea non separado de dereito, ou extranxeiro con residencia legal en España.

 

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade.

 

c) Posuír permiso de condución e dispoñibilidade dun vehículo para desprazarse polo municipio.

 

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación para realizar as probas. A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servizos Sociais.

 

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

 

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo da Administración do Estado, Comunidade Autónoma ou das entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

 

Non se contempla a esixencia do reflectido no Decreto 99/2012, no que atinxe á tenencia do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria.

 

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan, se é o caso, deberán reunirse con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar deles ata a toma de posesión, sendo nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

 

7.– PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES

 

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do DNI, do permiso de condución e da documentación acreditativa dos méritos alegados, os cales serán obxecto de compulsa no Rexistro de entrada de documentos.

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello de Negueira de Muñiz durante o prazo de cinco días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Ademais achegarase o xustificante de pago na conta bancaria 0072-0209-94-0000100038 da taxa de 10 €, segundo o disposto pola Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxas pola expedición de documentos administrativos, no seu epígrafe quinto punto 4º (BOP nº 187, do 17 de agosto de 2011).

 

Tamén se poderán presentar as solicitudes na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax no mesmo prazo que o de presentación de instancias.

 

Rematado dito prazo, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de cinco días, aprobando a lista de persoas admitidas e excluídas —con mención expresa dos motivos de exclusión— e designando ao tribunal cualificador encargado de dirimir o proceso selectivo. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da corporación.

 

Concederase, asimesmo, un prazo de dous días naturais para enmenda, polas persoas excluídas, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, e a abstención e recusación dos membros dos Tribunais. A publicación da devandita resolución no Taboleiro de Edictos da Corporación será determinante, asimesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei. Tamén poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos/as, cos motivos de exclusión. A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma que a anterior. A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo salvo que así o acorde a Alcaldía.

 

8.– COMISIÓN SELECCIONADORA.

 

A comisión seleccionadora estará composta por un presidente, un secretario e tres vogais nomeados por resolución da Alcaldía. Tódolos vogais do tribunal deberán ter titulación académica ou especialización profesional iguais ou superiores á esixida para o acceso á praza obxecto desta convocatoria. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992 citada, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes para probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Igualmente, as persoas aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros (sexan titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do/a presidente e do secretario/a. O tribunal cualificador queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

 

9.–CRITERIOS DE SELECCIÓN.

 

A selección das persoas aspirantes constará das seguintes fases:

 

1.–FASE DE CONCURSO, ata un máximo de 10 puntos, na que se valorarán os seguintes méritos:

 

A) Titulación e cursos (máximo de 5 puntos).

 

a.1) Por estar en posesión do certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda a domicilio (R.D. 331/1997) ou do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas a domicilio (R.D. 1379/2008), de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional Servizos Socioculturais e á comunidade ou título de Formación Profesional Regrada (ciclo medio) de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia: 2 puntos.

 

a.2.) Cursos impartidos por unha Institución pública ou con recoñecemento oficial relacionado coas funcións a desempeñar de máis de 75 horas de duración: 1 puntos por cada un.

 

a.3.) Cursos impartidos por unha institución pública ou con recoñecemento oficial relacionado coas función a desempeñar de mais de 20 horas de duración: 0,5 puntos por cada un.

 

a.4.) Unidad de competencia acreditada relacionada con el Certificado de Profesionalidad de Auxiliar de Ayuda a domicilio: 1,0 puntos por cada un.

 

B) Experiencia laboral (máximo 4 puntos).

 

Por cada mes completo de servizos prestados en calquera administración pública mediante relación laboral, fixa ou temporal, contractual ou funcionarial, sexa ésta de carreira ou interina, como auxiliar de axuda no fogar ou equivalente: 0,10 puntos.

 

Por cada mes completo de servizos prestados en empresas privadas como auxiliar de axuda no fogar ou equivalente: 0,05 puntos.

 

C) Coñecemento da lingua galega (máximo 1 punto).

 

Por estar en posesión de titulación acreditativa do Celga 2 ou equivalente segundo validacións oficialmente establecidas: 0,5 puntos.

 

Por estar en posesión de titulación acreditativa do Celga 3 ou equivalente segundo validacións oficialmente establecidas: 0,75 puntos.

 

Por estar en posesión de titulación acreditativa do Celga 4 ou superior ou equivalente segundo validacións oficialmente establecidas: 1 punto.

 

3.–DE PRODUCIRSE EMPATE NA PUNTUACIÓN, A ORDE DE DESEMPATE SERÁ A SEGUINTE:

 

1. Puntuación obtida no apartado A da fase de concurso.

 

2. Puntuación obtida no apartado B da fase de concurso.

 

3. Puntuación obtida no apartado C da fase de concurso.

 

10.– FORMACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO.

 

Unha vez transcurrido o prazo de presentación de solicitudes reunirase a comisión seleccionadora, que tras efectuar a selección dos aspirantes elaborará unha lista provisional ordeada pola puntuación total obtida por cada aspirante no proceso selectivo, que será elevada ó alcalde e aprobada por resolución. Posteriormente será publicada no taboleiro de anuncios municipal, na páxina web e sede electrónica. As persoas que non estean de acordo coas puntuacións outorgadas disporán de dous días hábiles para realizar as alegacións pertinentes. Revisadas ditas alegacións, procederase a elaborar o listado definitivo que será publicado polos mesmos medios, entrando en vigor inmediatamente.

 

11.– CHAMAMENTOS AOS ASPIRANTES.

 

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter constancia da súa recepción. Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente, ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, o/a empregado/a público que o realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tivo ou non resposta.

 

Aqueles candidatos que, sen causa obxectiva para elo (enfermidade, estar en situación laboral activa no momento do chamamento, etc), renunciasen a cubrir as sustitucións para as que foran chamados, pasarían a ocupar o derradeiro posto na bolsa de emprego.

 

12.– RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.

 

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para o bo orde do proceso selectivo. En todo o non previsto nestas Bases, rexerá como supletorio, o Regulamento Xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1.995; Real Decreto 896/91, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

 

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común.

 

 

 

Negueira, 13 de xuño de 2017

 

O Alcalde-Presidente

 

 

 

 

 

José Manuel Braña Pereda

Última actualización el Miércoles, 21 de Junio de 2017 07:24
 
Lista de admitidos (Brigada de Incendios) PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Martes, 27 de Junio de 2017 10:20

Visto el expediente tramitado para la contratación de cuatro (4) peones y un (1) Jefe de brigada para la participación en la Prevención y Defensa contra incendios forestales, se aprueba el 27 de junio la siguiente lista de admitidos y excluidos

DNI

ADMITIDO

EXCLUIDO

MOTIVO DE LA EXCLUSIÓN

PEÓN DE BRIGADA

09.742.385

X

50.081.890 B

X

Art. 2.6 de las bases reguladoras

X 1857697 X

X

Art. 2.5 de las bases reguladoras

34.303.645 L

X

Art. 2.6 de las bases reguladoras

34.286.152 Y

X

33.557.716 A

X

34.288.312 G

X

53.192.243 M

X

76.940.830 B

X

33.561.685 Q

X

50.827.257 V

X

32.624.087 J

X

Art. 2.2 de las bases reguladoras

JEFE DE BRIGADAS

33.546.102 G

X

Desistimiento

53.521.318 L

X

 

 

Se fija como día para la celebración de las pruebas selectivas el viernes 30 de junio, fecha en que el candidato deberá presentarse en la Vivienda comunitaria de Negueira de Muñiz a las 10:00 h

 

 

Última actualización el Martes, 27 de Junio de 2017 12:11
 
Oferta de selección Brigada de Incendios 2017 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 16 de Junio de 2017 08:32

BASES PARA A SELECCIÓN DE CATRO PEÓNS E UN CAPATAZ PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a contratación de catro (4) peóns e un (1) Xefe de brigada para dar cumplimento o estipulado no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Negueira de Muñiz para a participación na Prevención e Defensa contra incendios forestais mediante a actuación de Brigadas de Prevención e Defensa.

Dita contratación se efectuará baixo a modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo, regulado no artigo 15.1 a) do R.D. Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do estatuto dos traballadores,.

2.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido a esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

1 Ser español ou nacional dos demáis estados membros da unión Europea. Asemesmo, poderán participar no proceso selectivo os extranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do conxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

2 Posuir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

3 Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

4 Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

5 Estar en posesión do título de Estudos Primarios (certificado de escolaridade ou equivalente)

6 Estar en posesión do carné de conducir B

7 No caso dos aspirantes á praza de Xefe de brigada, estar en posesión do título de Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

3.- PARTICIPACIÓN

Os interesados poderán presenta-las súas solicitudes nas oficinas municipais, no prazo de 5 días naturais a partires do día seguinte ao anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, en horario de 09:00 a 14:00 h. Os candidatos deberán presentar, ademáis, a seguinte documentación:

- Copia compulsada da titulación requerida.

- Copia compulsada permiso conducir.

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial, declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade, e declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como que reúne as condicións físicas necesarias para superar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto cun recoñecemento médico previo á contratación.

- Copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

4.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición, no que se valorará a experiencia profesional e a formación dos traballadores.

1 EXPERIENCIA PROFESIONAL (Puntuación máxima 4 puntos):

1. Por servizos prestados en AAPP na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………………...0,20 por cada mes completo ou fracción (máximo: 2 puntos)

2. Por servizos prestados en empresas privadas na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………0,10 por cada mes completo ou fracción (máximo 2 puntos)

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e/ou copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

2 FORMACIÓN (Puntuación máxima: 2 puntos):

2.1.- CURSOS: Valoraranse os coñecementos extraacadémicos adquiridos en cursos monográficos.

1. Cursos de máis de 50 horas: 0,50 puntos/curso

2. Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,20 puntos/curso

3. Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos/curso

A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso. So se valorarán aqueles cursos que fosen impartidos ou refrendados por Administración Públicas.

3 CUESTIONARIO POR ESCRITO (Puntuación máxima 10 puntos): Valoraranse os coñecementos relacionados coa extinción de incendios, a operatividade dos vehículos e o termo municipal. A puntución máxima a obter por este apartado será de 10 puntos

4 ENTREVISTA CURRICULAR (Puntuación máxima 4 puntos): Realización dunha entrevista curricular co fin de valorar a aptitude e actitude dos candidatos para as funcións do posto de traballo a desenvolver. A puntuación máxima a obter por este apartado será de 4 puntos.

5.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinado pola suma das puntuacións totais obtidas, e determinará a proposta de contratación do tribunal e de incorporación ó servizo. En ningún caso o tribunal calificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.

Cos traballadores non seleccionados elaborarase una listaxe por orden de puntuación. No suposto de renuncia de algún dos/as traballadores/as contratados/as con anterioridade á finalidade da obra, substituirase por outro/a traballador/a de similares características, segundo a listaxe elaborada cos traballadores non seleccionados.

6.- TRIBUNAL CALIFICADOR

O tribunal calificador constituirase da seguinte forma.

· Presidente/a: D. Gervasio López Rodríguez, Técnico do Concello de Negueira de Muñiz

· Secretaria: Dª. María del Pilar Darriba Muñoz, Secretaria do Concello de Negueira de Muñiz

· 1º vogal: Dª Sonia Castro Arias, Traballadora social no Concello de Negueira de Muñiz

· 2º vogal: Dª Verónica López López, Técnico Medioambiental no Concello de A Fonsagrada

· 3º vogal: Ana María Méndez Enríquez, Axente de Emprego e Desenvolvemento no Concello de A Fonsagrada

Os acordos serán adoptados por mayoría dos asistentes.

O tribunal está facultado para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.

Os traballadores seleccionados estarán obrigados a realizar, antes da súa contratación, un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo, así como un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas, que será impartido por persoal competente na materia nos días, horas e lugares que estableza o Concello de Negueira de Muñiz. A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo, ou ben a non realización do referido curso, será causa de non contratación dos traballadores seleccionados.

Os/as candidatos/as seleccionados serán contratados en virtude de Resolución do Sr. Alcalde da Corporación.

7.- RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SINATURA DO CONTRATO

Rematada a calificación, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación a relación de aprobados por orde de puntuación, así como a proposta de nomeamento como persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato de obra e servizo determinado, do traballador que obtivera a mellor puntuación do presente proceso selectivo, pasando os restantes traballadores que superaron dito proceso a integrar una bolsa de reserva, para os casos de baixa ou renuncia por parte dalgún dos contratados.

A duración desta bolsa será polo tempo que dure o servizo subvencionado e o Convenio para a Prevención e Defensa contra incendios Forestais para o ano 2017.

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 Próximo > Fin >>

Página 2 de 7

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira