Lunes, 20 Noviembre 2017
Negueira de Muñiz en Imagenes
Nuevo proceso selectivo para la contratación de cuatro peones de obras PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Domingo, 05 de Julio de 2015 11:29

BASES PARA A SELECCIÓN DE CATRO PEÓNS DE OBRAS COMO OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a contratación de catro (4) peóns de obras como “Operario de Servizos múltiples”, ó tempo que se crea unha bolsa de emprego para futuras contratacións de persoal de idéntico perfil.

Dita contratación se efectuará baixo a modalidade de contrato de traballo por duración determinada, sendo ésta de tres meses, en réxime de dedicación absoluta.

2.– XORNADA LABORAL.

Será de 37 horas e 30 minutos semanas, de luns a domingo, cos descansos establecidos pola lexislación vixente.

3.– RETRIBUCIÓNS.

As establecidas no Convenio Oficial que lle é de aplicación.

4.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

  1. Ser español ou nacional dos demáis estados membros da unión Europea. Asemesmo, poderán participar no proceso selectivo os extranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do conxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

  2. Posuir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

  3. Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

5.– PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais, e irán acompañadas de fotocopia compulsada do DNI. Éstas presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello de Negueira de Muñiz durante un prazo de cinco días hábiles, que serán contados dende o seguinte ao da publicación das presentes bases na páxina web municipal (www.negueira.es). Ademáis, achegarase o xustificante de pago na conta bancaria 0072-0209-94-0000100038 da taxa de 10 €, según o disposto pola Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxas pola expedición de documentos administrativos, no seu epígrafe quinto punto 4º (BOP nº 187, do 17 de agosto de 2011), xunto coa seguinte documentación:

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial.

- Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade

- Declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

Tamén se poderán presentar as solicitudes na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax no mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía dictará resolución no prazo máximo de cinco días, aprobando a lista de persoas admitidas e excluídas —con mención expresa dos motivos de exclusión—. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da corporación.

Concederase, asimesmo, un prazo de dous días naturais para enmenda, polas persoas excluídas, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, e a abstención e recusación dos membros dos Tribunais. A publicación da devandita resolución no Taboleiro de Edictos da Corporación será determinante, asimesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei. Tamén poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos/as, cos motivos de exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva na mesma forma que a anterior. A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo salvo que así o acorde a Alcaldía.

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o de oposición, e consistirá na realización dunha proba práctica que verse sobre os traballos que os candidatos seleccionados terán que realizar. O resultado final da proba valorarase segundo unha escala do 1 ´ó 10, sendo o 10 a nota máis alta. Aqueles que obteñan unha calificación inferior a cinco serán declarados como “non aptos” e, polo tanto, non poderán ser incluidos na listaxe de espera.

7.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinada pola nota obtida na proba práctica, e determinará, asimismo, a proposta de contratación do tribunal e de incorporación ó servizo. En ningún caso o tribunal calificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.

Cos traballadores non seleccionados elaborarase una listaxe por orden de puntuación. No suposto de renuncia de algún dos/as traballadores/as contratados/as con anterioridade á finalidade da obra, substituirase por outro/a traballador/a de similares características, segundo a listaxe elaborada cos traballadores non seleccionados. Esta listaxe estará vixente ata o 31 de decembro de 2016.

8.- TRIBUNAL CALIFICADOR

A selección de traballadore/as que se contraten será realizada por un Comité de selección que actuará de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxetividade, igualdade e non discriminación .

Os acordos serán adoptados por maioría dos asistentes.

O tribunal estará facultado para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia; e constituirase da seguinte forma.

  • Presidente/a: D. Gervasio López Rodríguez, Técnico do Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Dª Ana Sampedro Millares, Secretaria do Concello de Castroverde

  • Secretaria: Dª. María del Pilar Darriba Muñoz, Secretaria do Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Dª Mónica Vázquez Fandiño, Secretaria do Concello de Monterroso

  • 1º vogal: D. José Ocampo Uz, Encargado de obras no Concello de A Fonsagrada

    - Suplente: Dª Olga Landeira Burgué, Tesoreira no Concello de A Fonsagrada

  • 2º vogal: Dª Jovita Graña Fernández, Auxiliar administrativo no Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Ana María Méndez Enríquez, Axente de emprego e desenvolmemento no Concello de A Fonsagrada

  • 3º vogal: Armando Álvarez Rodríguez, Conductor del Ayuntamiento de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Raúl García Martínez, Técnico no Concello de A Fonsagrada

    9.- RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SINATURA DO CONTRATO

    Rematada a calificación, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación a relación de aprobados por orde de puntuación, así como a proposta de nomeamento como persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato de duración determinada, daqueles traballadores que obtiveran unha mellor puntuación no presente proceso selectivo, pasando os restantes traballadores que superaron dito proceso a integrar una bolsa de reserva, para os casos de baixa ou renuncia por parte dalgún dos contratados.

    A duración desta bolsa extenderase, como xa antes se reflectiu, ata o 31 de decembro de 2016.

    Negueira de Muñiz, a 3 de xullo de 2015

Última actualización el Domingo, 05 de Julio de 2015 11:30
 
PMP 4º Trimestre PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Martes, 27 de Enero de 2015 09:08
Periodo Medio de Pago Global a Proveedores Trimestral *
Negueira de Muñiz (15,82)

 

 
LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Jueves, 12 de Julio de 2012 09:30

Vistas las solcitudes presentadas al proceso de selección efectuado para la contratación de un Oficial de primera y tres peones, de cuyo estudio se concluye el estricto cumplimiento de lo estipulado en las bases publicadas al efecto, se publica el listado definitivo de admitidos a dicho proceso, según resolución adoptada por el Sr. Alcalde-Presidente del Ayuntamiento de Negueira de Muñiz el 11 de julio de 2012.

Para descargar el documento, pulse aqui

 

Última actualización el Jueves, 12 de Julio de 2012 09:43
 
PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 10 de Octubre de 2014 10:57

 

 

PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES TRIMESTRAL

TERCER TRIMESTRE 2014

Código de Entidad

Entidad

Ratio de Operaciones Pagadas *

Ratio de operaciones Pendientes de Pago *

Período Medio de Pago Trimestral

11-27-035-AA-000

Negueira de Muñiz

(0,19)

(16,37)

(3,54)

* Cuando el dato se refleja entre paréntesis se refiere a un importe negativo, representativo bien de una mayor celeridad, en término medio, en el pago por parte de la Entidad en relación al período máximo previsto legalmente con carácter general para dar conformidad a la factura, o bien a que las operaciones pendientes de pago de la Entidad se encuentran, en término medio, en un momento anterior a dicho período máximo.

Última actualización el Viernes, 10 de Octubre de 2014 11:08
 
ORDENANZA FISCAL PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Martes, 31 de Mayo de 2011 10:17

El pasado 18 de mayo de 2011, el pleno del ayuntamiento acordó la imposición de una tasa por expedición de documentos administrativos y la aprobación de la correspondiente ordenanza municipal.

A fin de que el administrado pueda revisar el expediente o interponer las reclamaciones que estime oportunas, se abre un período de 30 días hábiles, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 17 del Real Decreto legislativo 2/2004, del 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley reguladora de las Haciendas locales.

Para consultar el anuncio del B.O.P. de Lugo, pulse aquí.

 

Última actualización el Martes, 31 de Mayo de 2011 10:17
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 Próximo > Fin >>

Página 7 de 7

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira