Martes, 19 Septiembre 2017
Negueira de Muñiz en Imagenes
Bolsa de empleo para "Peones de obra" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 01 de Abril de 2016 11:35

Por Resolución de Alcaldía de fecha 1 de abril de 2016 se aprueban las bases que a continuación se relacionan, las cuales habrán de regular la creación de una bolsa de empleo destinada a proveer las futuras contrataciones de "Peones de Obra".

El plazo para presentación de solicitudes remata el próximo viernes 8 de abril.

 

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A FUTURA CONTRATACIÓN DE PEÓNS DE OBRAS

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a creación dunha bolsa de emprego para a futura contratación de peóns de obras. As contratacións efectuadas en base a creación desta bolsa de emprego se realizarán baixo a modalidade de contrato de traballo por duración determinada, sendo esta de seis meses, en réxime de dedicación absoluta.

2.– XORNADA LABORAL.

Será de 37 horas e 30 minutos semanas, de luns a domingo, cos descansos establecidos pola lexislación vixente.

3.– RETRIBUCIÓNS.

As establecidas no Convenio Oficial que lle é de aplicación.

4.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

  1. Ser español ou nacional dos demais estados membros da unión Europea. Asemade, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

  2. Posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

  3. Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

5.– PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais, e irán acompañadas de fotocopia compulsada do DNI. Estas presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello de Negueira de Muñiz durante un prazo de seis días hábiles, que serán contados dende o seguinte ao da publicación das presentes bases na páxina web municipal (www.negueira.es). Ademais, achegarase o xustificante de pago na conta bancaria 0072-0209-94-0000100038 da taxa de 10 €, segundo o disposto pola Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxas pola expedición de documentos administrativos, no seu epígrafe quinto punto 4º (BOP nº 187, do 17 de agosto de 2011), xunto coa seguinte documentación:

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial.

- Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade

- Declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

Malia o anterior, a aqueles que poidan acreditar a súa condición de “desempregado” mediante a presentación da “Tarxeta de demandante de emprego” otorgaráselles unha bonificación do 50% na taxa anteriormente citada, polo que deberán abonar soamente 5 €, todo elo consonte o reflectido na modificación da Ordenanza aprobada no Pleno Municipal celebrado o 29 de setembro de 2015 (BOP Nº 227, de 20 de decembro de 2015)

Tamén se poderán presentar as solicitudes na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax no mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes (venres, 8 de abril), a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de cinco días, aprobando a lista de persoas admitidas e excluídas — coa mención expresa dos motivos de exclusión —. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da corporación.

Concederase, asemade, un prazo de dous días naturais para emenda, polas persoas excluídas, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e a abstención e recusación dos membros dos Tribunais. A publicación da devandita resolución no Taboleiro de Edictos da Corporación será determinante para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva na mesma forma que a anterior. A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo salvo que así o acorde a Alcaldía.

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o de concurso - oposición, e consistirá na realización dunha proba práctica, que verse sobre os traballos que os candidatos seleccionados terán que realizar, unha teórica e a posterior valoración da formación e experiencia profesional acadada polos candidatos durante os dous anos anteriores ó presente proceso selectivo. O resultado final de ámbalas dúas probas valorarase segundo unha escala do 1 ó 10, sendo o 10 a nota máis alta. Aqueles que obteñan unha calificación inferior a cinco serán declarados como “non aptos” e, polo tanto, non poderán ser incluídos na bolsa de emprego.

O “peso” de estas probas na nota final será dun 35% cada unha, mentres que o da “formación e experiencia profesional” tomará un valor dun 30%.

A experiencia profesional valorarase do seguinte xeito:

  1. EXPERIENCIA PROFESIONAL (Puntuación máxima 2,40 puntos):

  1. Por servizos prestados en concellos na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………………...0,10 por cada mes completo ou fracción.

    A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e/ou copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

  1. FORMACIÓN (Puntuación máxima: 0,6 puntos):

    2.1.- CURSOS: Valoraranse os coñecementos extra-académicos adquiridos en cursos monográficos. Máximo: 0,6 puntos

  • Cursos de máis de 50 horas:  0,20 puntos/curso
  • Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,10 puntos/curso
  • Cursos de menos de 20 horas: 0,05 puntos/curso

A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,05 puntos por curso. So se valoraran aqueles cursos que fosen impartidos ou refrendados por Administracións Públicas.

7.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinada pola suma das calificacións obtidas nas distintas probas (Aquelas correspondentes ás probas práctica e teórica serán prorrateadas en base ao “peso” que toman no proceso), e determinará, polo tanto, a órde na que se deberán realizar as futuras contratacións. 

Esta listaxe estará vixente ata o 31 de decembro de 2017.

Última actualización el Viernes, 01 de Abril de 2016 11:42
 
Contratación de un Oficial de Albañilería de 1ª PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 01 de Abril de 2016 11:23

Por Resolución de Alcaldía de fecha 1 de abril de 2016 se aprueban las bases que a continuación se relacionan, las cuales habrán de regular el proceso de selección encaminado a la contratación temporal de un Oficial de Albañilería de 1ª, que será adscrito al Servicio Municipal de Aguas.

El plazo para presentación de solicitudes remata el próximo viernes 8 de abril.

 

BASES PARA A SELECCIÓN DE UN OFICIAL DE ALBANELERÍA DE 1ª PARA O SERVIZO MUNICIPAL DE MANTEMENTO DE AUGAS

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a contratación de un (1) Oficial de albanelería de 1ª que será adscrito ó Servizo Municipal de Augas. Dita contratación se efectuará baixo a modalidade de contrato de traballo por duración determinada, sendo esta dun ano en réxime de dedicación absoluta.

2.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

  1. Ser español ou nacional dos demais estados membros da unión Europea. Asemade, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
  2. Posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.
  3. Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
  5. Estar en posesión da “Tarxeta profesional da construción”.
  6. Estar en posesión do carné de conducir B1 ou equivalente.

3.- PARTICIPACIÓN

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais, e irán acompañadas de fotocopia compulsada do DNI. Estas presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello de Negueira de Muñiz durante un prazo de seis días hábiles, que serán contados dende o seguinte ao da publicación das presentes bases na páxina web municipal (www.negueira.es). Ademais, achegarase o xustificante de pago na conta bancaria 0072-0209-94-0000100038 da taxa de 10 €, segundo o disposto pola Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxas pola expedición de documentos administrativos, no seu epígrafe quinto punto 4º (BOP nº 187, do 17 de agosto de 2011), xunto coa seguinte documentación:

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial.

- Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade

- Declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

Malia o anterior, a aqueles que poidan acreditar a súa condición de “desempregado” mediante a presentación da “Tarxeta de demandante de emprego” otorgaráselles unha bonificación do 50% na taxa anteriormente citada, polo que deberán abonar soamente 5 €, todo elo consonte o reflectido na modificación da Ordenanza aprobada no Pleno Municipal celebrado o 29 de setembro de 2015 (BOP Nº 227, de 20 de decembro de 2015).

Tamén se poderán presentar as solicitudes na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax no mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes (Venres, 8 de abril), a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de cinco días, aprobando a lista de persoas admitidas e excluídas — coa mención expresa dos motivos de exclusión —. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da corporación.

Concederase, asemade, un prazo de dous días naturais para emenda, polas persoas excluídas, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e a abstención e recusación dos membros dos Tribunais. A publicación da devandita resolución no Taboleiro de Edictos da Corporación será determinante para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva na mesma forma que a anterior. A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo salvo que así o acorde a Alcaldía.

4.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición, e constará dunha valoración da experiencia profesional acadada polo exercicio profesional en Administracións locais durante os dous anos anteriores á realización do presente proceso selectivo; da formación académica que posúan os candidatos e da realización dunha proba teórica. Os pesos respectivos que terán cada unha das fases do proceso son o 30 %, 20% e 50%.

  1. EXPERIENCIA PROFESIONAL (Puntuación máxima 3 puntos):

  1. Por servizos prestados en concellos na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………………...0,20 por cada mes completo ou fracción.

  2. A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e/ou copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

FORMACIÓN (Puntuación máxima: 2 puntos):

  1. 2.1.- CURSOS: Valoraranse os coñecementos extra-académicos adquiridos en cursos monográficos. Máximo: 2 puntos

  • Cursos de máis de 50 horas:  0,50 puntos/curso
  • Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,20 puntos/curso
  • Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos/curso

A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso. So se valoraran aqueles cursos que fosen impartidos ou refrendados por Administracións Públicas.

  1. CUESTIONARIO POR ESCRITO (Puntuación máxima 5 puntos): Valorarase a iniciativa, interese e aptitude para o posto, e os coñecementos sobre o traballo a realizar.

    5.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

    A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinado pola suma das puntuacións totais obtidas, e determinará a proposta de contratación do tribunal e de incorporación ó servizo.

    En ningún caso o tribunal calificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.

    Cos traballadores non seleccionados elaborarase una listaxe por orden de puntuación. No suposto de renuncia de algún dos/as traballadores/as contratados/as con anterioridade á finalidade da obra, substituirase por outro/a traballador/a de similares características, segundo a listaxe elaborada cos traballadores non seleccionados.

    6.- RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SINATURA DO CONTRATO

    Rematada a calificación, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación a relación de aprobados por orde de puntuación, así como a proposta de nomeamento como persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato de duración determinada daquel traballador que obtivera a mellor puntuación do presente proceso selectivo, pasando os restantes traballadores que superaron dito proceso a integrar una bolsa de reserva, para os casos de baixa ou renuncia por parte dalgún dos contratados.

    A duración desta bolsa estenderase ata a data que se fixe inicialmente como a de extinción da relación laboral.


 

Última actualización el Viernes, 01 de Abril de 2016 11:34
 
PMP 2º TRIMESTRE PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Miércoles, 29 de Julio de 2015 10:27

TRIMESTRE SEGUNDO TRIMESTRE
AÑO 2015
En días
Periodo Medio de Pago Global a Proveedores Trimestral *
Negueira de Muñiz 22,19

 

Última actualización el Miércoles, 29 de Julio de 2015 10:28
 
PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES 3º TRIMESTRE PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 09 de Octubre de 2015 08:27

 

Periodo Medio de Pago Global a Proveedores Trimestral *
Negueira de Muñiz 44,59

 

 
Calificaciones del proceso de selección "Operario de servicios múltiples" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Martes, 21 de Julio de 2015 10:23

Se hacen públicas, en lo que sigue, las calificaciones del proceso de selección destinado a la contratación temporal de operarios de servicios múltiples.

DNI

EMPATE

DESBROCE

CALIFICACIÓN

X1857697X

10

8,25

18,25

76567956J

10

7,75

17,75

50081890B

10

7,5

17,5

76573901R

10

7,5

17,5

09367318Q

10

7,25

17,25

33558209J

10

7

17

33561685Q

10

6,5

16,5

76580662T

10

6,25

16,25

50827257V

10

6

16

34918063S

10

5

15

Y0480744N

10

2

12

32624087J

0

7

7

34286152Y

0

5

5

50466952F

0

4

4

33560027Z

0

1

1

33522549A

0

0

0

 

Rematado así el proceso, los candidatos seleccionados son:

CANDIDATO

DNI

EMPATE

DESBROCE

CALIFICACIÓN

EMANUEL DA SILVA MONTEIRO

X1857697X

10

8,25

18,25

JOSE ANTONIO FERNANDEZ CANCIO

76567956J

10

7,75

17,75

JOSE EDUARDO GARCIA SANCHEZ

50081890B

10

7,5

17,5

JOSE MANUEL GRAÑA FERNANDEZ

76573901R

10

7,5

17,5

 

La bolsa de empleo queda configurada como sigue:

CANDIDATO

DNI

EMPATE

DESBROCE

CALIFICACIÓN

MAGDALENA DEL VALLE SANCHEZ

09367318Q

10

7,25

17,25

BENJAMIN VILLAR BERMUDEZ

33558209J

10

7

17

GUILLERMO SEIFERTH MIGUELEZ

33561685Q

10

6,5

16,5

RUBEN SAMARTINO FERNANDEZ

76580662T

10

6,25

16,25

LUIS ALONSO HERRANZ

50827257V

10

6

16

XOAN LOIS GALEGO TORRADO

34918063S

10

5

15

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 Próximo > Fin >>

Página 5 de 7

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira