Martes, 25 Abril 2017
Negueira de Muñiz en Imagenes
Proceso de selección para Oficial de 1ª PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Martes, 30 de Diciembre de 2014 13:01

Se inicia proceso de selección para la contratación de un Oficial de 1ª de albañilería.

El plazo de presentación de solicitudes finalizará el próximo día siete de enero, a las 14:00.

BASES PARA A SELECCIÓN DE UN OFICIAL DE ALBANELERÍA DE 1ª PARA O SERVIZO MUNICIPAL DE MANTEMENTO DE AUGAS

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a contratación de un (1) Oficial de albanelería de 1ª que será adscrito ó Servizo Municipal de Augas.

Dita contratación se efectuará baixo a modalidade de contrato de traballo por duración determinada, extendónde ésta ata o 31 de decembro de 2015, en réxime de dedicación absoluta.

2.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

  1. Ser español ou nacional dos demáis estados membros da unión Europea. Asemesmo, poderán participar no proceso selectivo os extranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do conxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

  2. Posuir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

  3. Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

  5. Estar en posesión da “Tarxeta profesional da construcción”

  6. Estar en posesión dos carnés de conducir B e C

    3.- PARTICIPACIÓN

    Os interesados en participar no proceso selectivo terán que presentar nos cinco días seguintes á publicación da presente na páxina web do Concello (www.negueira.es), en horario de 9:00 a 14:00, nas dependencias municipais do Concello de Negueira de Muñiz (provistos de DNI), a seguinte documentación:

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial, declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade, e declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

4.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición, no que se valorará a experiencia profesional e a formación dos traballadores.

  1. EXPERIENCIA PROFESIONAL (Puntuación máxima 5 puntos):

  1. Por servizos prestados en concellos na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………………...0,20 por cada mes completo ou fracción

  2. Por servizos prestados noutras AAPP na mesma categoría á do posto ó que se opta……………………………………………………0,10 por cada mes completo ou fracción

  3. Por servizos prestados en empresas privadas na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………0,05 por cada mes completo ou fracción

    A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e/ou copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

  1. FORMACIÓN (Puntuación máxima: 5 puntos):

    2.1.- CURSOS: Valoraranse os coñecementos extraacadémicos adquiridos en cursos monográficos. Máximo: 3 puntos

  1. Cursos de máis de 50 horas: 0,50 puntos/curso

  2. Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,20 puntos/curso

  3. Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos/curso

    A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso. So se valoraran aqueles cursos que fosen impartidos ou refrendados por Administración Públicas.

  1. CUESTIONARIO POR ESCRITO (Puntuación máxima 5 puntos): Valorarase a iniciativa, interese e aptitude para o posto, e os coñecementos sobre o traballo a realizar.

    5.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

    A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinado pola suma das puntuacións totais obtidas.

    A orde de clasificación definitiva determinará a proposta de contratación do tribunal e de incorporación ó servizo.

    En ningún caso o tribunal calificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.

    Cos traballadores non seleccionados elaborarase una listaxe por orden de puntuación. No suposto de renuncia de algún dos/as traballadores/as contratados/as con anterioridade á finalidade da obra, substituirase por outro/a traballador/a de similares características, segundo a listaxe elaborada cos traballadores non seleccionados.

    6.- TRIBUNAL CALIFICADOR

    A selección de traballadore/as que se contraten será realizada por un Comité de selección que actuará de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxetividade, igualdade e non discriminación .

    Os acordos serán adoptados por maioría dos asistentes.

    O tribunal estará facultado para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.

    O tribunal calificador constituirase da seguinte forma.

  • Presidente/a: D. Gervasio López Rodríguez, Técnico do Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Dª Ana Sampedro Millares, Secretaria do Concello de Castroverde

  • Secretaria: Dª. María del Pilar Darriba Muñoz, Secretaria do Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Dª Mónica Vázquez Fandiño, Secretaria do Concello de Monterroso

  • 1º vogal: Dª Luz Vázquez Macías, Traballadora social no Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Dª Olga Landeira Burgué, Tesoreira no Concello de A Fonsagrada

  • 2º vogal: Dª Jovita Graña Fernández, Auxiliar administrativo no Concello de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Ana María Méndez Enríquez, Axente de emprego e desenvolmemento no Concello de A Fonsagrada

  • 3º vogal: Armando Álvarez Rodríguez, Conductor del Ayuntamiento de Negueira de Muñiz

    - Suplente: Raúl García Martínez, Técnico no Concello de A Fonsagrada

    7.- RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SINATURA DO CONTRATO

    Rematada a calificación, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación a relación de aprobados por orde de puntuación, así como a proposta de nomeamento como persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato de duración determinada daquel traballador que obtivera a mellor puntuación do presente proceso selectivo, pasando os restantes traballadores que superaron dito proceso a integrar una bolsa de reserva, para os casos de baixa ou renuncia por parte dalgún dos contratados.

    A duración desta bolsa extenderase ata o 31 de decembro de 2015.

    Negueira de Muñiz, a 19 de decembro de 2014

    O Alcalde-Presidente

    José Manuel Braña Pereda


D..........................................................................................., con DNI nº.............................e domicilio a efectos de notificación en ........................................................................................, en relación as bases aprobadas polo Concello de Negueira de Muñiz segundo Resolución de Alcaldía de data 19 de decembro de 2014, para a selección de un Oficial de albanelería de 1ª, que será adscrito ó Servizo Municipal de Mantemento de Augas

Declaro baixo xuramento:

- Que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órgano constitucional ou estatutario da Comunidade Autónoma.

- Que non me atopo en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial.

- Que non me atopo incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade.

- Que non padezo enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo, asi como que reúno as condicións físicas necesarias para superar a proba física de esforzo

Negueira, a …….. de …………………. de 2014

Asdo.....................................................

Última actualización el Martes, 30 de Diciembre de 2014 13:04
 

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira