Lunes, 21 Octubre 2019
Negueira de Muñiz en Imagenes
Charla informativa sobre Seguridad PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 21 de Junio de 2019 11:02

Don José Manuel Braña Pereda, Alcalde – Presidente do Concello de Negueira de Muñiz

INFORMA:

Que o vindeiro día martes 25 de Xuño de 2019, ás 12:00 horas, terá lugar no Centro Social do Concello unha Charla informativa, impartida pola Guardia Civil, dirixida as persoas maiores co obxectivo de trasladarlles información sobre os riscos que constitúen unha ameaza para a súa seguridade, así como o modo de minimizalos, previlos ou, no seu caso, aportar indicacións de como actuar.

Na charla relacionaranse medidas de actuación en caso de:

  • Maltrato de persoas maiores no ámbito familiar, residencias, etc.

  • Prevención de roubos nos domicilios.

  • Prevención de tiróns, hurtos ou roubos no entorno das entidades financieiras.

  • Prevención de estafas.

  • Prevención de uso fraudulento de propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas.

  • Prevención e relación cos riscos do uso de internet e novas tecnoloxías.

Última actualización el Viernes, 21 de Junio de 2019 11:05
 

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira