RISGA 2019.- DESIGNACIÓN DE TRIBUNAL Imprimir
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 24 de Mayo de 2019 07:29

En relación ao Proceso de selección de persoal que haberá de desenrolarse o próximo 28 de maio de 2019 no Salón de Actos da Cansa Consistorial de Negueira de Muñiz, o cal dimana do procedemento administrativo suscitado pola Resolución adoptada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia o pasado 25 de abril de 2019, en virtude da cal se lle concede a este Concello unha axuda económica para a contratación de dous traballadores desempregados en situación de ou risco de exclusión social perceptores de RISGA,

Visto que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de designar como membro da comisión seleccionadora a D. Alberto Jaime Lugilde Gude, e o Consorcio Galego de Servizos de igualdade e Benestar a Dª Rocío Valcarcel Neira,

 

Visto o cariz “social” das axudas antes referidas,

 

RESÓLVESE:

 

Primeiro.- Designar a Dª Sonia Castro Arias, Traballadora Social do Concello de Negueira de Muñiz, como representante desta entidade na Comisión de selección de persoal que haberá de dirimir o proceso de selección encamiñado á contratación de dous traballadores desempregados en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA.

 

 

 

 

 

 

Segundo.- Confirmar o lugar e data nos que deberá desenrolarse a selección dos traballadores; isto é, martes 28 de maio, as 10:30 horas, no Salón de Actos da Casa Consistorial de Negueira de Muñiz

Última actualización el Viernes, 24 de Mayo de 2019 07:32