PROCESO DE SELECCIÓN "RISGA 2019" Imprimir
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Lunes, 13 de Mayo de 2019 07:46

Por Resolución de Alcaldía de fecha 8 de mayo de 2019, se aprueban las bases reguladoras del proceso de selección encaminado a la contratación de dos trabajadores desempleados perceptores de RISGA. El proceso de selección se realizará el 28 de mayo de 2019, a las 10:30 h, en la Casa Consistorial de Negueira de Muñiz. Las bases podrán consultarse en el tablón de anuncios del Ayuntamiento.

BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS TRABALLADORES DESEMPREGADOS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORES DO RISGA

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a contratación de dous (2) traballadores para dar cumprimento o estipulado na resolución adoptada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia o pasado 25 de abril de 2018, en virtude da cal se lle concede ó Concello de Negueira de Muñiz unha axuda para a contratación de dous traballadores desempregados en situación de ou risco de exclusión social perceptores de RISGA.

Dita contratación se efectuará baixo a modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social, tendo en conta que a duración do contrato será de sete (9) meses en réxime de dedicación parcial (75% da xornada).

2.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

  1. Ser español ou nacional dos demais estados membros da unión Europea. Asimesmo, poderán participar no proceso selectivo os extranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do conxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

  2. Posuir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

  3. Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

  4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

  5. Ser perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Para a elaboración de dita listaxe, solicitarase a súa remisión por parte do INEM.

    Estos requisitos deberán cumprirse tanto no intre da selección como no da forma­lización do contrato. Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, os maiores de 45 anos e os que teñan cargas familiares.

    3.- PARTICIPACIÓN

A preselección dos candidatos será realizada mediante solicitude áo Servizo Público de emprego, o cal remitirá unha carta a todos aqueles perceptores do RISGA que cumplan cos requisitos esixidos na Orde reguladora de subvencións. En dita carta se lles notificará o lugar, data e horario da proba de selección, para a que deberán vir provistos de DNI..

Deberán presentar, ademais, a seguinte documentación:

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial, declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade, e declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

4.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección realizarase en función do seguinte baremo:

  1. Contar cun proxecto de inserción laboral: 10 puntos

  2. Ser maior de 45 anos: 5 puntos

  3. Ter cargas familiares Ata un máximo de 15 puntos

  • 1 persoa 5 puntos

  • 2 persoas 10 puntos

  • Más de dos persoas 15 puntos

  1. Non ter percibido rendas do traballo durante os doce meses anteriores á presente convocatoria: 5 puntos

  2. Formación: 2 puntos por curso realizado ata unha puntuación máxima de 5 puntos.

  3. Persoas con discapacidade valorada > 33% 5 puntos

  4. Levar mais tempo sen estar de alta na Seguridade Social en calquera réxime (ata 15 puntos)

  • Mais dun ano 5 puntos

  • Mais de 3 anos 10 puntos

  • Mais de 5 anos 15 puntos

Unha vez rematada a fase de valoración, o grupo mixto celebrará unha entrevista coa finalidade de avalia-las capacidades persoais dos candidatos para desempeñar o posto de traballo obxecto da convocatoria. Esta entrevista valorarase ata un máximo de 15 puntos.

En caso de empate entre candidatos, este dirimirase a favor daquel que conte cunha maior antigüidade como perceptor do RISGA.

5.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinado pola suma das puntuacións totais obtidas e determinará a proposta de contratación do tribunal e de incorporación ó servizo. En ningún caso o tribunal calificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.

Cos traballadores non seleccionados elaborarase unha listaxe por orde de puntuación. No suposto de renuncia de algún dos/as traballadores/as contratados/as con anterioridade á finalidade da obra, substituirase por outro/a traballador/a de similares características, segundo a listaxe elaborada cos traballadores non seleccionados.

6.- TRIBUNAL CALIFICADOR

A selección de traballadores e traballadoras que se contraten será realizada por un grupo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da entidade beneficiaria e dos equipos de inclusión sociolaboral dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cando o ámbito territorial da entidade beneficiaria estea comprendido dentro das súas demarcacións para a intervención, que actuará de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Os acordos serán adoptados por maioría dos asistentes, e o tribunal estará facultado para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.

7.- RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SINATURA DO CONTRATO

Rematada a calificación, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación a relación de aprobados por orde de puntuación, así como a proposta de nomeamento como persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social, dos dous traballadores que obtiveran a mellor puntuación do presente proceso selectivo, pasando os restantes traballadores que superaron dito proceso a integrar una bolsa de reserva, para os casos de baixa ou renuncia por parte dalgún dos contratados.

A duración máxima desta bolsa será de nove meses dende a sinatura dos dous primeiros contratos asinados ao abeiro do presente proceso selectivo.

O que asina, para que conste, en Negueira, na data da siniatura electrónica situada ao marxe.

 

 

DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE

 

Última actualización el Lunes, 13 de Mayo de 2019 08:03