Sábado, 17 Agosto 2019
Negueira de Muñiz en Imagenes
Ampliación do Prazo de presentación de solicitudes para a Bolsa de emprego do SAF PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Lunes, 14 de Enero de 2019 11:32

Faise público que por esta Alcaldía, con data do 10 de xaneiro de 2019, ditouse a seguinte Resolución:

Por Resolución de Alcaldía do 19 de decembro de 2018, prestouse aprobación ás bases que rexeran para o proceso de selección de persoal encamiñado á creación dunha bolsa de emprego destinada a proveer de traballadores interinos para a cobertura de baixas laborais e períodos vacacionais dos empregados do SAF municipal, e, excepcionalmente, para atender servizos temporais, estacionais ou urxentes que non poidan prestarse co persoal existente, abríndose un prazo de cinco días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, para a presentación de solicitudes.

O anuncio foi publicado no BOP de Lugo num. 296 do 28 de decembro de 2018, polo que o prazo de presentación de solicitudes remataba o día 2 de xaneiro.

Con motivo das datas do Nadal e de período vacacional de empregados municipais, na páxina web do Concello publicáronse as bases da convocatoria o mesmo dia 2 de xaneiro e, debido a un erro, fíxose constar que o prazo de presentación de solicitudes remataba o día 7 de xaneiro, tendo entrada, no Rexistro xeral do Concello, unha solicitude o día 4 de xaneiro de 2019.

Ante a confusión xerada coas datas de presentación de solicitudes, RESOLVO:

Primeiro.- Aprobar a seguinte relación provisional de admitidas:

Nome a apelidos

DNI

35073025 A

11397749 F

33859754 M

Y5239427-H

33342033 Z

Segundo.- Abrir un novo prazo para presentación de solicitudes, por cinco días hábiles, a contar desde a publicación do anuncio no B.O. da Provincia.

O Alcalde,

José Manuel Braña Pereda.

Última actualización el Lunes, 14 de Enero de 2019 11:46
 

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira