Domingo, 28 Mayo 2017
Negueira de Muñiz en Imagenes
Proceso de selección para la contratación de un auxiliar de Ayuda a Domicilio PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Lunes, 13 de Abril de 2015 07:49

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO E LIMPEZA DE DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

1.– OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O obxecto da convocatoria é a contratación, por duración determinada, dun auxiliar para limpeza de dependencias municipais e servizo de axuda a domicilio.

As tarefas propias da praza convocadas serán as que seguen:

  • coidado e atención das persoas segundo a lei 39/2006 do 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia (Ordenanda municipal de Axuda no fogar, BOP nº 141, de 21 de xuño de 2014).

  • Limpeza de dependencias municipais, entendéndose ésta como a limpeza de solos e paramentos que pódese considerar cotiá ou rutinaria.

2.– DURACIÓN DO CONTRATO.

O contrato extenderase ata o 31 de decembro de 2015, sen posibilidade de ser prorrogado.

3.– SISTEMA DE PROVISION.

Concurso-oposición.

4.– XORNADA LABORAL.

Será de 37 horas e 30 minutos semanas, de luns a domingo, cos descansos establecidos pola lexislación vixente.

5.– RETRIBUCIÓNS.

As establecidas no Convenio Oficial que lle é de aplicación.

6.– REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser de nacionalidade española, nacional dun Estado membro da Unión Europea, cónxuge dun español ou dun nacional dun Estado membro de Unión Europea non separado de dereito, ou extranxeiro con residencia legal en España.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade.

c) Posuír permiso de conducción e disponibilidade dun vehículo para desprazarse polo municipio.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación para realizar as probas. A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servizos Sociais.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo da Administración do Estado, Comunidade Autónoma ou das entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Dado que o contrato expirará o 31 de decembro de 2015, non se contempla a esixencia do reflectido no Decreto 99/2012, no que atinxe á tenencia do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan, se é o caso, deberán reunirse con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar deles ata a toma de posesión, sendo nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

7.– PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do DNI, do permiso de conducción e da documentación acreditativa dos méritos alegados, os cales serán obxecto de compulsa no Rexistro de entrada de documentos.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello de Negueira de Muñiz durante o prazo de cinco días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Ademais achegarase o xustificante de pago na conta bancaria 0072-0209-94-0000100038 da taxa de 10 €, según o disposto pola Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxas pola expedición de documentos administrativos, no seu epígrafe quinto punto 4º (BOP nº 187, do 17 de agosto de 2011).

Tamén se poderán presentar as solicitudes na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax no mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Rematado dito prazo, a Alcaldía dictará resolución no prazo máximo de cinco días, aprobando a lista de persoas admitidas e excluídas —con mención expresa dos motivos de exclusión— e designando ao tribunal cualificador encargado de dirimir o proceso selectivo. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da corporación.

Concederase, asimesmo, un prazo de dous días naturais para enmenda, polas persoas excluídas, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, e a abstención e recusación dos membros dos Tribunais. A publicación da devandita resolución no Taboleiro de Edictos da Corporación será determinante, asimesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei. Tamén poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos/as, cos motivos de exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma que a anterior.

A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo salvo que así o acorde a Alcaldía.

8.– COMISIÓN SELECCIONADORA.

A comisión seleccionadora estará composta por un presidente, un secretario e tres vogais nomeados por resolución da Alcaldía.

De todos os postos nomearanse titulares e suplentes, e todos actuarán con voz e voto.

Tódolos vogais do tribunal deberán ter titulación académica ou especialización profesional iguais ou superiores á esixida para o acceso á praza obxecto desta convocatoria.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992 citada, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes para probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Igualmente, as persoas aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros (sexan titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do/a presidente e do secretario/a. O tribunal cualificador queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación de asesores/as especialistas para as probas en que así o coiden necesario ou convinte. As persoas asesoras limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en base exclusivamente ás cales colaborarán co respectivo tribunal.

A efectos de asistencias e dietas, o tribunal entenderase encadrado na categoría terceira.

9.–CRITERIOS DE SELECCIÓN.

A selección das persoas aspirantes constará das seguintes fases:

1.–FASE DE CONCURSO, ata un máximo de 20 puntos, na que se valorarán os seguintes méritos:

A) Titulación e cursos (máximo de 12 puntos).

a.1) Por estar en posesión do certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda a domicilio (R.D. 331/1997) ou do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas a domicilio (R.D. 1379/2008), de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional Servizos Socioculturais e á comunidade ou título de Formación Profesional Regrada (ciclo medio) de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia: 6 puntos. Nembargantes o anterior, terá igual valor a acreditación fehaciente de estar en posesión dos méritos suficientes que habiliten para a obtención dos certificados anteditos.

a.2.) Cursos impartidos por unha Institución pública ou con recoñecemento oficial relacionado coas funcións a desempeñar de máis de 75 horas de duración: 2 puntos por cada un, cun máximo de 4 puntos.

a.3.) Cursos impartidos por unha institución pública ou con recoñecemento oficial relacionado coas función a desempeñar de mais de 20 horas de duración: 0,5 puntos por cada un, cun máximo de 2 puntos.

B) Experiencia laboral (máximo 7 puntos).

Por cada mes completo de servizos prestados en calquera administración pública mediante relación laboral, fixa ou temporal, contractual ou funcionarial, sexa ésta de carreira ou interina, como auxiliar de axuda no fogar ou equivalente: 0,10 puntos.

Por cada mes completo de servizos prestados en empresas privadas como auxiliar de axuda no fogar ou equivalente: 0,05 puntos.

C) Coñecemento da lingua galega (máximo 1 punto).

Por estar en posesión de titulación acreditativa do Celga 2 ou equivalente segundo validacións oficialmente establecidas: 0,5 puntos.

Por estar en posesión de titulación acreditativa do Celga 3 ou equivalente segundo validacións oficialmente establecidas: 0,75 puntos.

Por estar en posesión de titulación acreditativa do Celga 4 ou superior ou equivalente segundo validacións oficialmente establecidas: 1 punto.

2.–FASE OPOSICIÓN (máximo 30 puntos):

A comisión seleccionadora realizará un test coa finalidade de avaliar os coñecementos da persoa candidata naquelas materias que serán desempeñadas por ela tra-la súa contratación.

O test consistirá en contestar a un cuestionario composto por 30 preguntas sobre o temario que figura como anexo das presentes bases, con tres respostas alternativas, sendo únicamente unha delas a correcta. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de corenta e cinco minutos. Cada resposta correcta puntuarase con 1 punto, e as respostas erradas ou en branco non penalizarán. O exercicio se valorará cun máximo de 30 puntos.

3.–DE PRODUCIRSE EMPATE NA PUNTUACIÓN, A ORDE DE DESEMPATE SERÁ A SEGUINTE:

1. Puntuación obtida no test da fase de oposición.

2. Puntuación obtida no apartado A da fase de concurso.

3. Puntuación obtida no apartado B da fase de concurso.

4. Puntuación obtida no apartado C da fase de concurso.

10.– FORMACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO.

Unha vez transcurrido o prazo de presentación de solicitudes reunirase a comisión seleccionadora, que tras efectuar a selección dos aspirantes elaborará unha lista provisional ordeada pola puntuación total obtida por cada aspirante no proceso selectivo, que será elevada ó alcalde e aprobada por resolución. Posteriormente será publicada no taboleiro de anuncios municipal, na páxina web e sede electrónica. As persoas que non estean de acordo coas puntuacións outorgadas disporán de cinco días hábiles para realizar as alegacións pertinentes. Revisadas ditas alegacións, procederase a elaborar o listado definitivo que será publicado polos mesmos medios, entrando en vigor inmediatamente.

11.– CHAMAMENTOS AOS ASPIRANTES.

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter constancia da súa recepción.

Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente, ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, o/a empregado/a público que o realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tivo ou non resposta.

12.– RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para o bo orde do proceso selectivo. En todo o non previsto nestas Bases, rexerá como supletorio, o Regulamento Xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1.995; Real Decreto 896/91, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común.

ANEXO I. TEMARIO

Tema 1.– Ordenanza municipal de Axuda no fogar (BOP nº 141, de 21 de junio de 2014).

Tema 2.- Título I, Capítulo II (Prestaciones del catálogo), da Lei 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción da Autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia

Tema 3.- Capítulo III, Sección III (do Servicio de axuda no fogar), del Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servicios sociais comunitarios e a súa financiación

Tema 4.– Limpeza e coidado do fogar.

Tema 5.– Alimentación e nutrición.

Tema 6.– -Aseo, hixiene e cuidados básicos.

Tema 7.- Técnicas e produtos de limpeza.

El Alcalde-Presidente

José Manuel Braña Pereda

Última actualización el Lunes, 13 de Abril de 2015 07:51
 

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira