Viernes, 28 Julio 2017
Negueira de Muñiz en Imagenes
Empleo


Oferta de selección Brigada de Incendios 2017 PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 16 de Junio de 2017 08:32

BASES PARA A SELECCIÓN DE CATRO PEÓNS E UN CAPATAZ PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a contratación de catro (4) peóns e un (1) Xefe de brigada para dar cumplimento o estipulado no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Negueira de Muñiz para a participación na Prevención e Defensa contra incendios forestais mediante a actuación de Brigadas de Prevención e Defensa.

Dita contratación se efectuará baixo a modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo, regulado no artigo 15.1 a) do R.D. Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do estatuto dos traballadores,.

2.- REQUISITOS XERÁIS DOS/AS ASPIRANTES

Para ser admitido a esta convocatoria, os aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

1 Ser español ou nacional dos demáis estados membros da unión Europea. Asemesmo, poderán participar no proceso selectivo os extranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou nacionais doutros estados membros da unión europea, sempre que non estean separados de dereito; e os seus descendentes e os do conxuxe, menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.

2 Posuir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

3 Non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

4 Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.

5 Estar en posesión do título de Estudos Primarios (certificado de escolaridade ou equivalente)

6 Estar en posesión do carné de conducir B

7 No caso dos aspirantes á praza de Xefe de brigada, estar en posesión do título de Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

3.- PARTICIPACIÓN

Os interesados poderán presenta-las súas solicitudes nas oficinas municipais, no prazo de 5 días naturais a partires do día seguinte ao anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, en horario de 09:00 a 14:00 h. Os candidatos deberán presentar, ademáis, a seguinte documentación:

- Copia compulsada da titulación requerida.

- Copia compulsada permiso conducir.

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial, declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade, e declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como que reúne as condicións físicas necesarias para superar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto cun recoñecemento médico previo á contratación.

- Copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

4.- SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición, no que se valorará a experiencia profesional e a formación dos traballadores.

1 EXPERIENCIA PROFESIONAL (Puntuación máxima 4 puntos):

1. Por servizos prestados en AAPP na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………………...0,20 por cada mes completo ou fracción (máximo: 2 puntos)

2. Por servizos prestados en empresas privadas na mesma categoría á do posto ó que se opta…………………………………………0,10 por cada mes completo ou fracción (máximo 2 puntos)

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada, e/ou copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

2 FORMACIÓN (Puntuación máxima: 2 puntos):

2.1.- CURSOS: Valoraranse os coñecementos extraacadémicos adquiridos en cursos monográficos.

1. Cursos de máis de 50 horas: 0,50 puntos/curso

2. Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,20 puntos/curso

3. Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos/curso

A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso. So se valorarán aqueles cursos que fosen impartidos ou refrendados por Administración Públicas.

3 CUESTIONARIO POR ESCRITO (Puntuación máxima 10 puntos): Valoraranse os coñecementos relacionados coa extinción de incendios, a operatividade dos vehículos e o termo municipal. A puntución máxima a obter por este apartado será de 10 puntos

4 ENTREVISTA CURRICULAR (Puntuación máxima 4 puntos): Realización dunha entrevista curricular co fin de valorar a aptitude e actitude dos candidatos para as funcións do posto de traballo a desenvolver. A puntuación máxima a obter por este apartado será de 4 puntos.

5.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

A orde de clasificación definitiva de todos/as os/as aspirantes virá determinado pola suma das puntuacións totais obtidas, e determinará a proposta de contratación do tribunal e de incorporación ó servizo. En ningún caso o tribunal calificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que prazas convocadas.

Cos traballadores non seleccionados elaborarase una listaxe por orden de puntuación. No suposto de renuncia de algún dos/as traballadores/as contratados/as con anterioridade á finalidade da obra, substituirase por outro/a traballador/a de similares características, segundo a listaxe elaborada cos traballadores non seleccionados.

6.- TRIBUNAL CALIFICADOR

O tribunal calificador constituirase da seguinte forma.

· Presidente/a: D. Gervasio López Rodríguez, Técnico do Concello de Negueira de Muñiz

· Secretaria: Dª. María del Pilar Darriba Muñoz, Secretaria do Concello de Negueira de Muñiz

· 1º vogal: Dª Sonia Castro Arias, Traballadora social no Concello de Negueira de Muñiz

· 2º vogal: Dª Verónica López López, Técnico Medioambiental no Concello de A Fonsagrada

· 3º vogal: Ana María Méndez Enríquez, Axente de Emprego e Desenvolvemento no Concello de A Fonsagrada

Os acordos serán adoptados por mayoría dos asistentes.

O tribunal está facultado para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.

Os traballadores seleccionados estarán obrigados a realizar, antes da súa contratación, un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo, así como un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas, que será impartido por persoal competente na materia nos días, horas e lugares que estableza o Concello de Negueira de Muñiz. A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo, ou ben a non realización do referido curso, será causa de non contratación dos traballadores seleccionados.

Os/as candidatos/as seleccionados serán contratados en virtude de Resolución do Sr. Alcalde da Corporación.

7.- RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E SINATURA DO CONTRATO

Rematada a calificación, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación a relación de aprobados por orde de puntuación, así como a proposta de nomeamento como persoal laboral temporal baixo a modalidade de contrato de obra e servizo determinado, do traballador que obtivera a mellor puntuación do presente proceso selectivo, pasando os restantes traballadores que superaron dito proceso a integrar una bolsa de reserva, para os casos de baixa ou renuncia por parte dalgún dos contratados.

A duración desta bolsa será polo tempo que dure o servizo subvencionado e o Convenio para a Prevención e Defensa contra incendios Forestais para o ano 2017.

 
Resultados del Proceso de selección "DEPUEMPREGO" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Lunes, 12 de Diciembre de 2016 12:27

Se hacen públicos los resultados del proceso selectivo "Depuemprego", para la selección de dos peones de obra.

Los dos candidatos que obtuvieron una mejor calificación y, por tanto, son propuestos para su contratación, son los que se refieren en la tabla adjunta:

 

DNI CALIFICACIÓN
76567970G 7,675
33558209J 5,125

 

Última actualización el Lunes, 12 de Diciembre de 2016 12:32
 
Programa DEPUEMPREGO PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 18 de Noviembre de 2016 19:50

El próximo lunes 21 de noviembre, se inicia el plazo de presentación de solicitudes para todo aquel que desee concurrir al Proceso de Selección de "peones de obra" que el Ayuntamiento de Negueira de Muñiz viene de iniciar, gracias a la cofinanciación de la Excma. Diputación Provincial de Lugo.

Dicho plazo finaliza el viernes 26 de noviembre.

Aquellos que deseen participar deberán cumplir los siguientes requisitos:

 

As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais, e irán acompañadas de fotocopia compulsada do DNI. Estas presentaranse no Rexistro Xeral de entrada de documentos do Concello de Negueira de Muñiz durante un prazo de cinco (5) días hábiles, que serán contados dende o seguinte ao da publicación das presentes bases na páxina web municipal (www.negueira.es). Ademais, achegarase o xustificante de pago na conta bancaria 0072-0209-94-0000100038 da taxa de 10 €, segundo o disposto pola Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxas pola expedición de documentos administrativos, no seu epígrafe quinto punto 4º (BOP nº 187, do 17 de agosto de 2011), xunto coa seguinte documentación:

- Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin de atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos públicos por resolución xudicial.

- Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade

- Declaración xurada ou certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo, así como copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que se aducen

Malia o anterior, aqueles que poidan acreditar a súa condición de “desempregado” mediante a presentación da “Tarxeta de demandante de emprego” obterán unha bonificación do 50% na taxa anteriormente citada, polo que deberán abonar soamente 5 €, todo elo consonte o reflectido na modificación da Ordenanza aprobada no Pleno Municipal celebrado o 29 de setembro de 2015 (BOP Nº 227, de 20 de decembro de 2015)

Tamén se poderán presentar as solicitudes na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax no mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo de cinco días, aprobando a lista de persoas admitidas e excluídas — coa mención expresa dos motivos de exclusión —. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da corporación.

Concederase, asemade, un prazo de dous días naturais para emenda, polas persoas excluídas, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e a abstención e recusación dos membros dos Tribunais. A publicación da devandita resolución no Taboleiro de Edictos da Corporación será determinante para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada Lei.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario, exporase de novo a lista definitiva na mesma forma que a anterior. A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo salvo que así o acorde a Alcaldía.

Última actualización el Viernes, 18 de Noviembre de 2016 20:00
 
LISTA DE APROBADOS AL PROCESO SELECTIVO "JEFE DE BRIGADA 2016" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Viernes, 08 de Julio de 2016 11:09

Una vez finalizado el proceso selectivo, valorado los méritos aportados por los candidatos y evaluada la prueba de aptitud, el tribunal de valoración eleva a la Alcaldía propuesta de contratación de D. Iván Losas Muiña, con DNI: 53521318 L.

La contratación se efectuará en los próximos días, una vez superada las pruebas de aptitud establecidas en el Convenio suscrito entre Ayuntamiento y Consellería de Medio Rural.

 

Última actualización el Viernes, 08 de Julio de 2016 11:16
 
LISTA DE ADMITIDOS AL PROCESO DE JEFE DE BRIGADA PDF Imprimir E-mail
Escrito por Concello de Negueira - Perfil del Contratante   
Martes, 05 de Julio de 2016 11:20

Transcurrido el plazo de presentación de solicitudes para el proceso de selección "Jefe de brigada", se hace pública la lista de admitidos.

Lista de admitidos:

  • Adrián López Toimil
  • Iván Losas Muiña

El examen tendrá lugar el próximo viernes, día 8 de julio, en el Telecentro de Negueira de Muñiz, en horario de 10:00 a 10:30 h. Los candidatos deberán venir provistos de DNI.

 

Última actualización el Martes, 05 de Julio de 2016 11:27
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 Próximo > Fin >>

Página 2 de 8

Ayuntamiento 982353303 - Centro de Salud 982353333 - Centro escolar 982353337 Descubre qué tiempo hará hoy en Negueira

© Concello de Negueira